Inspírase no sutil e lixeiro, unha forma orgánica suspendida no aire. Fíos enmarañados, que parecen buscar o seu propio camiño, pero que en conxunto funcionan como unha unidade, cargada de poesía e beleza, potenciada pola luz proxectada desde o teito sobre a escultura.
Arturo Álvarez recrea un dos seus deseños máis icónicos e premiados, realizando unha escultura expandida. Convirte un material ríxido e frío nun obxecto lixeiro, que se prega no aire, abríndose coma flores en primavera. A luz que ilumina a obra desde o teito permite gozar das delicadas sombras que as súas formas proxectan.
Contundente, magnífica e rotunda, rende homenaxe á cidade que lle dá nome. Cargada de simbolismo, a beleza do seu misterio maniféstase nas curvas e voltas sobre si mesma. Iluminada desde o teito, remarca os volumes, proxectando belas e delicadas sombras.
Expándese cara aos lados, espléndida, sen límites. Coma as aves do paraíso, catívanos. Un corpo exuberante e poderoso que se abre camiño estendendo ás imaxinarias. A luz proxectada desde o teito ilumínaa e acentúa a súa presenza e lixeireza.
Igual que o río Indo, esta escultura proxecta maxia sumíndonos nun mundo onírico. Os seus remuíños e curvas, co rumor das augas e o seu movemento, intúense. Unha peza de gran dinamismo, acentuado pola luz que cae e báñaa desde o teito, producindo un efecto teatral.
A lúa acompaña ao ser humano desde o comezo dos tempos. Misteriosa, os seus ciclos alternan entre clarescuros, producindo unha fascinación especial. LÚA xoga con esa maxia, coa luz que escapa do seu interior e coas sombras.
A colección NATURA é un tributo á natureza, á súa beleza e harmonía e tamén un recordatorio da súa fraxilidade. Volúmenes recoñecibles adquiren maior forza coa luz que escapa do seu interior.
É un candelabro reinterpretado e sacado de contexto xogando coas palabras e os seus significados. Rostros que se unen, iluminados por unha luz e as sombras que proxectan sobre unha parede.
Esta escultura é unha reinterpretación e homenaxe a Nefertiti, aos seus tempos, unha reflexión sobre a harmonía e a beleza, o que é real e o que é unha visión libre da historia. O acabado azul fai referencia ao Nilo e o amarelo ao ouro.
Arturo Álvarez volve preguntarse sobre as persoas e as relacións humanas. NÓS volve explorar as relacións de grupo, o dito e o non dito. Estar xuntos, dialogando sós ou en compaña, aumentando coas proxeccións a forza da reflexión.
O nome desta escultura fai referencia á brisa suave. As súas curvas e volumes representan o aire circulando no espazo, xogando con delicadeza, construindo formas harmónicas e delicadas.
Na unión do grupo radica a súa forza, que xorde desde o interior, desde onde brota a luz. As esculturas, feitas con tubo ríxido e frío, son visualmente firmes mais etéreas e delicadas. A perspectiva e a fondura da proxección na parede remarcan o poder da tribu.
Esta escultura está realizada a partir dunha antiga técnica de labranza, retorcendo unha póla de carballo sobre si mesma, para despois ir abríndose en multiples pólas máis finas das que van aparecendo gráciles garzas.
A escultura fai referencia aos pensamentos, ás conexións e relacións que estabelece a mente humana. Unha estrutura metálica en forma de malla, que se retorce sobre si mesma, ríxida mais tamén maleable, expandíndose cara aos extremos.
Unha conversa, como o propio nome da instalación. Un grupo de humanos reunidos en torno á palabra, ao diálogo. As esculturas móvense e falan entre elas, algunhas abre e pechan os ollos. A luz proxéctaas sobre a parede, con forza, aumentando a intensidade das relacións.
A pandemia fixo preguntarse a Arturo Álvarez sobre a mirada, a súa intensidade, expresividade, intención e beleza. A instalación cobra forza coas esculturas agrupada, movéndose e proxectándose sobre a parede, nun diálogo intenso, entre miradas.
Esculturas estilizadas e etéreas, camiñan cara a abstracción, sen perder a expresividade. Unha vez máis, aparece a comunicación humana. A beleza e calidez da madeira conxugada coa luz e proxeccións, achegan un novo significado e distintos matices.
As esculturas da colección Agora están inspiradas nos personaxes que aparecen no Pórtico da Gloria, da Catedral de Santiago de Compostela. As esculturas víranse e míranse entre elas, creando un diálogo sosegado e tranquilo.
Tótems envoltos en fíos, envoltos en si mesmos e os seur problemas, obsérvannos, dialogan entre eles, míranse e mírannos. Arturo Álvarez inicia unha reflexión sobre o ser humano e as súas complexas relacións, que continuará con otras pezas.
Tótems envoltos en fíos, envoltos en si mesmos e os seur problemas, obsérvannos, dialogan entre eles, míranse e mírannos. Arturo Álvarez inicia unha reflexión sobre o ser humano e as súas complexas relacións, que continuará con otras pezas.