Reflicte sobre as máscaras que construímos os seres humanos para movernos polo mundo. É unha invitación a explorar o que hai máis alá deses personaxes, no contexto dun mundo complexo: observar a “oxidación do ser humano” para poder transcendela.
Nesta serie dáselle ao material unha nova oportunidade ao crear esculturas de beleza luminosa. Deter o desgaste e a descomposición actuais, e avanzar cara a unha maior harmonía, é unha responsabilidade humana.