As pezas desta serie abordan o deterioro da sociedade actual e os seus múltiples desafíos. Sinalan, con todo, cara a un horizonte de esperanza, “detendo a oxidación”.
Unha forma suspendida que evoca espazos primarios de protección, coma o útero. Luz e volume crean un refuxio íntimo para a introspección e o encontro cun mesmo.
Plié é unha escultura que observa e explora o corpo nas súas múltiples posibilidades de movemento. Curvándose de maneiras impensables e belas, relaciónase co outro, creando xuntos formas universais e recoñecibles de expresión humana.
O corpo humano estírase e dialoga co outro, dando e recibindo a través de movementos conxugados e harmónicos. As extremidades expándense apuntando ao infinito. Créase unha intimidade conmovedora e sutil que enche o espazo.
Esta escultura está realizada a partir dunha antiga técnica de labranza, retorcendo unha póla de carballo sobre si mesma, para despois ir abríndose en múltiples pólas máis finas das que van aparecendo gráciles garzas.
Unha forma que sorprende ao proxectarse, deixando ao descuberto a vulnerabilidade do corpo humano. Luz e sombra amosan a súa complexidade íntima e poética.
A lúa acompaña ao ser humano desde o comezo dos tempos. Misteriosa, os seus ciclos alternan entre clarescuros, producindo unha fascinación especial. LÚA xoga con esa maxia, coa luz que escapa do seu interior e coas sombras.
A colección NATURA é un tributo á natureza, á súa beleza e harmonía e tamén un recordatorio da súa fraxilidade. Volúmenes recoñecibles adquiren maior forza coa luz que escapa do seu interior.
A escultura fai referencia aos pensamentos, ás conexións e relacións que estabelece a mente humana. Unha estrutura metálica en forma de malla, que se retorce sobre si mesma, ríxida mais tamén maleable, expandíndose cara aos extremos.